nos faitesocia denuncia benfeito
banner1
Galician (Galego)Español(Spanish Formal International)
CONCELLO

Deputacion

logo__igualdade_web2

Acerca de Nós

MUDEGA é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como fin promover a igualdade e a participación das mulleres no deporte a todos os niveis.

A asociación inspírase nos principios inscritos na Carta das Nacións Unidas e consagrados na Declaración Universal dos Dereitos Humáns, en especial na declaración de Brighton de 1994.

O 24 de marzo de 2008 a asociación Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) xestouse en Santiago de Compostela.

nos_mediana

 

Xunta Directiva

De esquerda a dereita: Mercé Barrientos, Lis Franco, Rosa Mosquera, Pilar Neira, Teresa Cano e Iria González-Dopeso.

 


Presidenta: Pilar Neira Martínez, seleccionadora galega de fútbol

Vicepresidenta: Mercé Barrientos Varela, presidenta da Federación Galega de Taekwondo

Secretaria: Iria González-Dopeso Reyes, ex-piragüista

Tesoureira: Rosa Mosquera Coto, ex-xogadora de balonmán e directiva do Club Balonmano Coruña

Vogal: Lis Franco Iglesias, xornalista deportiva e ex-futbolista

Vogal: Teresa Cano Pan, presidenta e adestradora do Club Adfro de Baloncesto.


Queremos un deporte maís xusto e sen discriminación, onde recursos e oportunidades sexan distribuidos de forma equitativa.

Queremos:

*Promover a presenza das mulleres no ámbito do deporte. Incentivando a súa participación en congresos, conferencias, seminarios científicos e outras iniciativas nacionais e internacionais relacionadas coa muller e o deporte.

*Promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e loitar contra todas as formas de discriminación ás mulleres no ámbito deportivo.