Novas
Unha fóra de serie nacida para saltar
Martes, 08 Xuño 2010 19:41
A barbancesa Ana Peleteiro establece unha nova marca de España cadete en triplo con 12,33 m
ATLETISMO
Ana Peleteiro dá saltos cara ao infinito. A atleta barbancesa, de 14 anos de idade e co cartel de gran promesa colgado ao pescozo desde hai tempo, non só proclamouse campioa de España cadete de triplo salto na cita de Lloret de Mar, senón que ata bateu a marca nacional cun voo de 12,33 metros.
Noticia completa
ATLETISMO
Noticia completa
0 Comentarios
Unha galega no fútbol ianqui
Martes, 08 Xuño 2010 19:37
Verónica Fenda xogará en Estados Unidos durante o mes de xullo as finais da W-League co Bufallo Flash
FÚTBOL
Verónica Fenda (Santiago de Compostela, 1987) leva anos demostrando que é unha das grandes figuras da Superliga feminina española. O seu exquisito toque de balón, a visión de xogo que lle permite trazar liñas de pase imposibles e, sobre todo, a súa velocidade comezan a chamar a atención do fútbol mundial.
A liga de Estados Unidos, na que compiten as mellores xogadores do mundo, xa puxo os seus ollos sobre ela. A futbolista galega será o reforzo estrela durante o mes de xullo do Bufallo Flash, posiblemente o mellor equipo da W-League, a categoría que está xusto por baixo da Womens Soccer League, a competición máis atractiva do planeta. Vero será a referencia para intentar o ascenso.

Eva Castro afronta este fin de semana a súa última proba da Copa do Mundo de fourcross
Venres, 04 Xuño 2010 00:00
FOURCROSS
Eva Castro quedou sen diñeiro para seguir entre a elite do fourcross internacional. Por este motivo, a ciclista oleirense dirá adeus á Copa do Mundo este fin de semana, participando na proba de Fort William, unha das súas carreiras favoritas.
Desta forma, Eva Castro pon punto final á súa experiencia mundialista antes de que conclúa a competición, ao asegurar que non pode facer fronte aos desprazamentos ante a falta de axudas con que se está atopando.

O Ourense regresa á elite feminina do hockey sobre herba un ano despois
Martes, 25 Maio 2010 16:41
HOCKEY
Un ano logo de perder a máxima categoría, o Ourense regresa pola porta grande á elite do hockey herba feminino, a División de Honra. O equipo ourensán certificou coa súa goleada en Mariñamansa (9-0) sobre o pechacancelas Covadonga o seu retorno pola vía rápida á máxima categoría, asegurando con este triunfo a segunda praza que dá dereito a subir.

Máis artigos...
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>