Novas
III Memorial Tito Villar
Venres, 14 Maio 2010 00:00
O concelleiro de Deportes, Xan Xosé Martínez Caxigal, e a concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, presentaron esta mañá o III Memorial Tito Villar Pispieiro que terá lugar os vindeiros 21, 22 e 23 de maio no pavillón San Francisco Javier.
0 Comentarios
As perlas do balonmán galego xogan no Porriño
Mércores, 12 Maio 2010 14:52
BALONMAN
Estela Doiro (19 anos, O Rosal) e Paula Fernández (20 anos, Vigo) son as dúas grandes promesas do balonmán feminino galego. As dúas, xogadoras do Porriño, que se quedaron ás portas do ascenso á máxima categoría española, son seguidas moi de cerca polos grandes clubs do balonmán español, sobre todo a primeira.
Estela Doiro xa é unha fixa na selección española júnior. A súa compañeira Paula tamén é unha das destacadas, sobre todo pola súa estatura e porque leva o balonmán nos xenes, non en balde é a irmá de Begoña Fernández, a flamante internacional absoluta, elixida mellor pivote do mundo. Son os dous principais expoñentes dun persoal moi nova que o próximo ano intentará de novo dar o salto.
Noticia completa
Estela Doiro xa é unha fixa na selección española júnior. A súa compañeira Paula tamén é unha das destacadas, sobre todo pola súa estatura e porque leva o balonmán nos xenes, non en balde é a irmá de Begoña Fernández, a flamante internacional absoluta, elixida mellor pivote do mundo. Son os dous principais expoñentes dun persoal moi nova que o próximo ano intentará de novo dar o salto.
Noticia completa
0 Comentarios
«Hai moito máis compromiso no baloncesto feminino»
Mércores, 12 Maio 2010 14:47
BALONCESTO
Tito Díaz tardou só unha tempada en devolver ao Extrugasa á máxima categoría do baloncesto feminino. O técnico lucense, que afrontaba o seu primeiro exercicio ao completo como adestrador dun equipo de mozas, non viviu o domingo o primeiro ascenso da súa carreira, pero si recoñece que probablemente sexa o máis especial, polas circunstancias que o rodearon e por habelo conseguido co equipo da cidade onde formou a súa familia.
Noticia completa
Noticia completa
0 Comentarios
Cristina González pon a proba os límites do seu corpo
Martes, 11 Maio 2010 10:33
En tres semanas a ultrafondista corre o Mundial de 24 horas, o nacional de 100 quilómetros e os Seis días de Antibes
ATLETISMO
Os retos inhumanos acumúlanselle a Cristina González, a ultrafondistas arousá. En tres semanas participará no Mundial de 24 horas (que comeza o xoves na localidade francesa Brive), o último fin de semana de maio defenderá título no campionato de España de 100 quilómetros en Madrid e para finalizar converterase na primeira española que toma parte nos Seis días de Antibes, unha sucesión de maratóns durante case unha semana onde se dorme catro horas e córrese -ou anda- o resto do día. «Quero saber onde está o límite do meu corpo», sentencia a ultrafondista. Terá como acompañante no triplo reto á súa parella e adestrador Alberto Menéndez, tamén preparador físico do Cortegada de baloncesto.
Noticia completa
ATLETISMO
Noticia completa
0 Comentarios
Máis artigos...
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>











